INTRODUCCIÓN

A actual situación de dificultades economicas e financieiras, que implica un aumento importante na perda de postos de traballo, demanda unha intervención especifica dos poderes publicos cara o impulso de actuacións que reforcen os sectores productivos e promovan un mayor desenvolvemento do territorio e das políticas activas de emprego.

O Proxecto Rede Coruña Emprega xorde como un compromiso do Concello para o fomento do emprego das persoas con maiores dificultades de incorporación ao mercado laboral. Trátase dunha aposta da Administración Local por crear postos de traballo e mobilizar todos os recursos posibles para traballar polo emprego de forma coordinada, solidaria e eficaz.

Esta iniciativa foi promovida polo Servizo de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo do Concello da Coruña, para deseñar e implantar estratexias dirixidas á creación de emprego estable e de calidade.

O período de execución das accións previstas no Proxecto abarca o período 2008-2010, o seu ámbito territorial é o termo municipal da Coruña e o orzamento total para a execución é de 2.024.948,55 euros.

REDE DA POLITICA PUBLICA SOCIO LABORAL LOCAL