CONCLUSIÓNS



SEGUIMENTO E EVALUCIÓN

O encargado de realizar o seguimento e evaluacion da politica socio laboral Rede Coruña Emprega é o grupo de traballo de boas practicas, avaliación e sustentabilidade.
As entidades integrantes desta mesa de traballo son:
· Confederación de Empresarios de La Coruña
· Ecos do Sur
· Federación de Autónomos de Galicia
· Fundación Mujeres
· Servizo Municipal de Emprego
· Sindicatos (U.G.T., CC.OO., C.I.G.)

Os seus principais obxectivos son:

1. Poñer en valor o traballo desempeñado polas entidades participantes, en canto accións programas e servizos que foron definidos como boas practicas polos seus bos resultados, a súa metodoloxía, a súa innovación, etc.
2. Levarse a cabo a avaliación da satisfacción das entidades e das accións que se poñan en marcha no marco do Pacto Local, aportando ideas para a súa mellora continua e polo tanto favorecendo a súa sustentabilidade.
3. Asegurarase a incorporación transversal da perspectiva de xénero na planificación das accións desenvolvidas no marco do Pacto Local.

Unha vez analizadas as actuacións da política socio-laboral Rede Coruña Emprega podemos extraer os seguientes datos:

AREA DE ACTUACIÓN I

Rede Coruña Emprega é un proxecto ao que están adheridas vinte entidades económicas e sociais da cidade e cun orzamento de 2.025.000 euros dos que un 20% é achegado polo Concello e o 80% restante pola Unión Europea.
Esta Rede estará conformada polas Concellarías de Promoción Económica e Emprego, de Servizos Sociais e de Igualdade e Participación Cidadá, xunto coas principais entidades públicas e privadas do territorio, e baseada no compromiso, a concertación, o benestar social, a innovación e a calidade.


AREA DE ACTUACIÓN II

A intermediación laboral coas empresas foi un dos logros conseguidos pola Rede Coruña Emprega, xa que se conseguiu contactar con 166 empresas coas que se asinaron 65 convenios de colaboración, 223 estadías de prácticas, ademais de levar a cabo 22.000 horas de prácticas.
En canto aos resultados dos itinerarios logrouse a inserción do 52% das persoas participantes. En total conseguiron un emprego 117 persoas (39 homes e 78 mulleres). Por sectores, a maior porcentaxe de inserción foi a sociosanitaria (axuda a domicilio, discapacidade) cun 86%, actividades administrativas (67%), enerxías renovables (50%) fabricación mecánica (50%) e transporte adaptado e asistido (43%).


Actuacións de futuro
Co obxectivo de non paralizar o programa ata o mes de xuño, data na que se resolverá a seguinte convocatoria, a Concellaría de Promoción Económica realizou un importante esforzo orzamentario para darlle continuidade ao programa durante os próximos meses con recursos propios. Henrique Tello anunciou que dende a Concellaría de Promoción poñeranse en contacto coa totalidade do empresariado coruñés para saber cales son as súas oportunidades de emprego e trazar así novos itinerarios de inserción.
Cara ao futuro, a Rede Coruña Emprega preséntase como obxectivos atender a 2.000 persoas, conseguir a inserción laboral de 1.000 despedidos, concertar 1.650 itinerarios e chegar a convenios coas empresas que permitan 50.000 horas de prácticas.



No cadro 1 recóllese o número de ofertas de traballo xestionadas polo Servizo de Intermediación laboral do Centro Municipal de Emprego, agrupadas por ocupacións, así como o tanto por cento que supón con respecto ao total.

Cadro 1




Un dos logros máis importantes deste centro de emprego da Coruña é o elevado grao de fiabilidade e credibilidade conseguido a través dunha oferta formativa adaptada e orientada á demanda laboral real e á alta calidade dos servizos prestados no centro.
O Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego logrou conseguir unhas importantes porcentaxes de inserción laboral que superan o 50 por cento no caso dos participantes nos cursos de formación da Rede Coruña Emprega e do 40 por cento dos usuarios que pasan polos puntos de Atención de Emprego do propio centro.
O pasado ano o Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego atendeu un total de 6.224 persoas, rexistrándose unha media de consultas semanais de 1.745 e un total de 2.040 subscritores do servizo de información a móbiles que recibiron máis de 265.000 mensaxes con información relativa a ofertas de emprego ou cursos de formación.
A Web de Emprego Municipal (WEM) rexistrou un total de páxinas visitadas de 453.162 en 90.731 entradas. A través desta páxina resolvéronse ademais outras cuestións como consultas de procura de emprego (580), busca de formación (362), información sobre como crear unha empresa (181) ou contestacións a ofertas de emprego (55), entre outros servizos.
Os puntos de atención para o emprego (PAE) atenderon o pasado ano un total de 2.632 persoas (1.379 homes e 1.253 mulleres).
Cursos de formación ocupacional propia
A oferta de formación ocupacional amplíase con outros cursos promovidos e financiados integramente polo Concello para contribuír ao avance á capacitación profesional e ampliar as posibilidades de emprego. No ano 2009 realizáronse 33 cursos cun total de 5.471 horas de formación impartidas. Un curso menos que o ano anterior pero cun total de 1.113 horas máis de formación impartida. O número total de alumnos foi de 478 persoas, das que 338 (70,7%) foron homes e 140 (29,3%) mulleres.
A maior demanda para participar nos cursos deuse na especialidade de inicio á soldadura con 355 solicitudes e conseguindo unha taxa de cobertura do 8,45%. Outras especialidades cunha alta demanda foron tamén as de ofimática, manipulador de alimentos, electricidade e pintura.
Ademais, desenvolvéronse programas integrais para a empregabilidade como o foro a Escola-obradoiro contorno da Torre de Hércules (56 participantes), o programa Posto a Posto VIN (100 participantes), e Rede Coruña Emprega (534 participantes).
Cursos con compromiso de contratación
Outra das liñas seguidas dende o Servizo centrouse no apoio á inserción a través da realización de cursos con compromiso de contratación a través dos que non só se exploran novas formas de inserción laboral senón que ademais lle ofrece ao empresariado formación á carta co fin de cubrir os seus postos de traballo vacantes, ponse á súa disposición unha canle de participación na formación dos seus futuros traballadores e ensaia unha fómula de inserción laboral directa.
No ano 2009 realizáronse un total de sete cursos con compromiso de contratación nos que participaron 103 persoas, o 73 por cento foron mulleres e o 28 por cento homes.
Difusión da cultura emprendedora
Durante o pasado ano o Servizo Municipal de Promoción Económica e Emprego organizou diversas actividades deseñadas para proporcionarlle información sobre o emprego a toda a cidadanía con distintos proxectos dirixidos a centros educativos, foros e xornadas nas que participaron 779 persoas.
Ademais realizáronse accións de apoio á actividade empresarial como Foro de Promoción Económica e Social que ten como obxectivo crear un foro de debate sobre a actual situación económica, xerando estratexias de traballo e negocio para o futuro da cidade. Durante o ano 2009 participaron no foro persoas de recoñecido prestixio internacional como Pakaj Ghemawat, Isabel Aguilera ou Raúl Peralba.
A apertura do Espazo Comercial Marineda Plaza, que aloxará a IKEA, Hipercor, Supercor, un hotel, e outras 200 tendas, prevé un aumento importante na contratación de persoal nos sectores da gran distribución, loxística, servizos auxiliares e hostelería.


AREA DE ACTUACIÓN III

Respecto aos resultados estatísticos obtidos do estudo do impacto do porto exterior da Coruña, extráense as seguintes conclusións principais:

En primeiro lugar, os segmentos de negocio que concentran maior número de man de obra son:

• En primeira liña portuaria:

- Armadoras
- Empresas consignatarias
- Empresas estibadoras
- Empresas remolcadoras

• En segunda liña portuaria:

- Almacenamento e depósitos
- Comercializadoras de peixe
- Enerxía
- Transporte e loxística

• Empresas de importación/exportación:

- Industria madeireira
- Industria conserveira
- Maquinaria industrial e de automoción, electrónica e comunicacións
- Industria da alimentación e bebidas

En segundo lugar, os salarios netos mensuais máis elevados danse nas industrias de primeira liña portuaria (1.617,77 €). Pero, cando se ten en conta o tamaño das empresas, as que máis pagan son as grandes con diferencias moi importantes, que alcanzan ata o 60%.

En terceiro lugar, as empresas procederon a realizar novas contratacións no último ano nun 49,10% e baixas nun 46,39%. A maior parte das altas concéntranse en primeira liña portuaria
ou nas empresas grandes.
Os segmentos de negocio que máis altas de novos traballadores realizaron son:
• Obras marítimas
• Enerxía
• Axentes de alfándegas
• Concesionaria do porto deportivo

En carto lugar, as perspectivas das empresas respecto á apertura do Porto Exterior da Coruña son positivas:
• Respecto á propia empresa nun 45,60% (o 46,30% pensa que non influirá e o 2,77% que son
malas)
• Respecto á provincia da Coruña e zonas limítrofes nun 75,43% (o 6,39% pensa que non influirá e o 8,11% que son malas)

En quinto lugar, os aspectos respecto á relación co futuro Porto Exterior da Coruña que os empresarios indican como “moi importantes” son:
• Actualmente realizan importación/exportación/grupaxe noutros portos e estarían dispostos a cambiar ao Porto Exterior da Coruña en caso de que sexa rendible e haxa instalacións axeitadas
• Aumento do volume de mercadorías (importación/exportación) e da demanda asociada
• Aumento do emprego, crecemento económico
Os puntuados como “importantes” son:
• Aumento do volume de traballo, da produtividade (abaratamento de custos) e da competitividade
• Dúbidas sobre a pertinencia estratéxica e/ou a rendibilidade do Porto Exterior
• Mellora condicionada a unha intensificación por parte da Autoridade Portuaria da actividade comercial de captación de tráficos e novas liñas, e maior eficiencia na xestión de operacións e recursos
• Beneficios ambientais

En sexto lugar, as empresas que buscan actualmente novos traballadores e traballadoras son un 10,84% da mostra. Pero coa posta en funcionamento do Porto Exterior, esa busca poderíase incrementar ata o 14,57%.

En sétimo lugar as empresas da mostra dánlle máis importancia ao currículo en competencias específicas respecto ao currículo formal. As necesidades formativas específicas que demandan son:
• Cualificadas como “moi importantes”
- Mariñeiro pescador
- Loxística do transporte marítimo
- Xestión/Administración/Márketing/Proxección comercial
- Comercio exterior (actualidade normativa, procedementos, novos mercados)
- Electrónica/Telecomunicacións/Autómatas
• Cualificadas como “importantes”
- Mecánica (xeral, propulsión, hidráulica, CAD)
- Despezamento, corte, empaquetado e recoñecemento do peixe
- Estiba/Desestiba/Operador de guindastre/Pantaláns
- Patrón local de pesca/Patrón costeiro equivalente
- Idiomas
- Riscos laborais, prevención e seguridade portuaria
- Soldadura/Tornaría
- Ofimática orientada ao negocio marítimo
- Patrón de embarcacións

En oitavo lugar, un aspecto complementario ás necesidades formativas é o que fai referencia á formación continua, onde o 56,34% das empresas demandan cursos de formación, principalmente no sector de primeira liña portuaria.

En noveno lugar, a conclusión que se extrae respecto aos métodos de busca de novos traballadores e traballadoras é que as redes informais son o método máis utilizado no 73,86% dos casos.

Por último, nas empresas entrevistadas analízase a proporción de homes (71,96%) e de mulleres
(28,04%). A participación feminina redúcese, sobre todo, no ámbito de empresas da segunda liña portuaria (24,73%). Tamén se pode afirmar que canto maior é o tamaño da empresa, menor é o desequilibrio de xénero. Para concluír, pódese afirmar que existe unha acusada segregación das mulleres en establecementos de baixos salarios, cun efecto cuantitativamente importante.


Respecto aos resultados estatísticos obtidos do estudo sobre a situación dos servizos de apoio a búsqueda de emprego, extráense as seguintes conclusións principais:

· Os perfís sectoriais maioritarios das persoas usuarias dos servizos de apoio á busca de emprego son por esta orde mozos/as (59%), inmigrantes (52%) e mulleres (50%).
· O 92% das entidades, dentro dos servizos de información e orientación, ofrecen información xeral de apoio ao emprendemento.
· O 84% ofrecen servizos de información xeral sobre ferramentas (bolsas de emprego, directorios, etc) e técnicas para a busca de emprego.
· No ámbito dos servizos de intermediación laboral, o 84% xestionan ofertas e demandas de emprego a través de bolsa de emprego propia.
· Os servizos máis demandados polas persoas usuarias son os de xestión de ofertas e demandas de emprego, información da oferta de formación, información xeral e asesoramento persoal.
· Existencia dunha elevada variedade de servizos pero, a maioría de entidades ofrecen servizos similares. Por outro lado, algunhas entidades están especializadas en determinados servizos dirixidos a grupos con realidades diferentes como mulleres, ou persoas inmigrantes, emprendedoras, estudantes, discapacitadas, etc.
· Baixa eficacia na prestación dalgúns servizos básicos ao detectarse o uso repetido dos mesmos en diferentes entidades por parte dunha mesma persoa usuaria.
· Escaseza de recursos económicos e elevada dependencia de axudas e subvencións, o cal impide por un lado ofrecer unha programación sostida no tempo e por outro manter o persoal a longo prazo reducindo deste xeito a eficiencia na prestación dos servizos e o cumprimento dos obxectivos e alcance previamente definidos.
· O 49% ofrecen accións formativas dirixidas maioritariamente a persoas en situación de desemprego (AFD, FIP, PIP) e un 45% ofrecen formación continua para traballadores e traballadoras en activo. Destaca a programación de formación en técnicas de busca de emprego por parte do 43% das entidades.
· Baixa relación entre as entidades prestadoras de servizos de apoio ao emprego e as empresas. Isto reflíctese en disfuncionalidades á hora de establecer unha programación formativa adaptada ás necesidades reais do mercado laboral, a programación de prácticas asociadas ás accións, etc.
· Necesidade de sensibilizar ás empresas sobre a formación de traballadores/as en activo como mecanismo para mellorar a competitividade.
· Concentración da oferta formativa nos últimos trimestres do ano, vinculada á convocatoria de subvencións, o que impide de facto a planificación dunha oferta formativa estable ao longo do ano entre todas as entidades.
· Falta de adaptabilidade a nivel xeral entre a formación demandada polas persoas en situación de desemprego e as necesidades formativas que require actualmente o mercado de traballo, o cal precisa dun esforzo en orientación laboral.
· Derivación ineficaz dos servizos públicos de colocación ás entidades prestadoras de servizos de apoio debido a dous factores fundamentais: non dispoñibilidade de información suficiente a través de canais institucionais sobre os servizos ofrecidos e inexistencia de programación, especialmente formativa, en determinadas épocas do ano.
· As entidades contan, en xeral, e aínda que mellorables, con medios técnicos e instalacións axeitadas para a prestación dos servizos.
· Boa accesibilidade aos servizos por parte das persoas usuarias (cita previa, horario de atención, emprego de TIC´s...)
· Elevado emprego de internet no ofrecemento dos servizos xerais e menor os casos de servizos específicos (inserción en ofertas, servizos de alerta, plataforma e-learning,...)
· Emprego das TIC como instrumento de captación de usuarios/as dos servizos. O 80% das entidades posúen páxina web propia. En troques, detéctase que os instrumentos de captación máis eficaces son o boca a boca, as redes sociais, a rede de oficinas, mailing e asistencia a feiras e outros eventos.
· Constatación da falta de colaboración efectiva entre entidades a nivel xeral, se ben algunhas manteñen relacións estables e permanentes con outras cooperando en proxectos concretos.
· Considerando a súa experiencia na prestación de servizos de emprego e o contacto coa oferta e demanda do mercado laboral, as entidades en xeral detectan os seguintes sectores profesionais como os que contan cunha mayor capacidade para a xeración de emprego: servizos en xeral, atención ás persoas con especiais necesidades e novas tecnoloxías.
· Inexistencia de canais axeitados de comunicación e baixa transmisión de información entre entidades o que dificulta a coordinación para unha planificación conxunta de accións a desenvolver.