A creación dunha Rede de apoio ás persoas demandantes de emprego,
destinada ao establecemento dun Pacto Local polo Emprego
O seu obxectivo é promover a cooperación dos axentes locais -administración local, axentes sociais e económicos e outras entidades- no deseño e coordinación de accións en favor do emprego.
O Pacto Local polo Emprego é un dos piares fundamentais do proxecto, unha estratexia clave para a consecución de obxectivos de organización e mellora das políticas activas de emprego. Trátase dun instrumento de desenvolvemento local e de creación de postos de traballo, que pretende mobilizar todos os recursos dispoñibles na cidade para conseguir unha maior coordinación das medidas a favor do emprego.
O Pacto Local supón a aceptación dun Plan de Acción que atende ás necesidades propias do territorio mediante a coordinación entre o goberno local, os sindicatos, as organizacións empresariais e outras entidades de carácter social.
Esta iniciativa contempla a creación dunha Rede de apoio á demanda de emprego, denominada Rede Coruña Emprega, configurada polas principais entidades públicas e privadas do territorio, baseada no compromiso, a concertación, o benestar social, a innovación e a calidade.